|
Even-Zohar, Itamar 1998.
"Planificación cultural e resistencia na
creación e supervivencia de entidades sociais".
A Trabe de Ouro, IV, 36 (Outobro-Novembro-Decembro), pp. 481-489.
(Traducción de:
Even-Zohar, Itamar [*]
"Culture Planning and Cultural Resistance in the
Making and Maintaining of Entities").
© All rights reserved.
http://www.tau.ac.il/~itamarez/papers/plan_res_g.htm.
|
|
|
PLANIFICACIÓN CULTURAL E
RESISTENCIA NA CREACIÓN
E SUPERVIVENCIA DE ENTIDADES
SOCIAIS*
|
Itamar Even-Zohar
|
(Traducción: A Trabe de Ouro,
revisada polo autor)
|
RESUMO
|
Neste traballo suxiro discutir as expectativas da planificación da
cultura, é dicir, os
factores que provocan o seu éxito ou fracaso nun determinado
grupo social, segundo que
este perciba que se lle ofrecen ou
non posibilidades de acceder ós recursos e de mover-
se no espacio social. Sosteño que a resistencia á
planificación da cultura pode ir a máis
cando os grupos humanos considerados non ven garantías de aumentar o seu peso socio-
cultural adoptando o novo repertorio de opcións que
se propoñen. Nestes
casos, poden,
|
<hr
size=3 width="65%" align=left>
|
* Artigo aportado a International
Workshop, «Relocation of Languages and Cultures», Duke University,
May 6-11, 1997. Co meu agradecemento á Dra. Rakefet Sela-Sheffy pola súa
lectura crítica e polas súas
valio-
sas suxerencias.
|
IV /51 481
|
Itamar
Even-Zohar -- Planificación cultural e resistencia...
|
pola contra, xurdir
toda unha serie de opcións
que substitúan o repertorio proposto.
Isto
non implica, de seu, un fracaso na
planificación da cultura, sempre que se produza ener-
xía bastante para crear máis
opcións para acceder ós
recursos.
|
1. OBXECTIVO
|
O obxectivo deste traballo é o de considerar a relación entre os esforzos sociocultu-
rais da planificación e os procesos subsecuentes
que a aceptan ou a rexeitan,
ou por dici-
lo doutra maneira, as «Condicións de mercado» da planificación cultural.
|
2. HIPÓTESE
|
Suxiro que os vectores das iniciativas de planificación
cultural poden ser mellor
seguidos e explicados sempre que se analice a súa implicación no acceso ós
recursos
á mobilidade.
|
3. A
PLANIFICACION DA CULTURA
|
A planificación da cultura é concebida coma unha
intervención deliberada, por parte
de quen ten o poder ou
por «axentes libres», nun
repertorio existente ou en vías de cris-
talización. Polo tanto, isto
implica a introducción dun cambio nun determinado estado de
cousas. O seu éxito
posible depende da eficacia da acción emprendida.
|
3.1. A
planificación da cultura e creación de entidades
|
Dende a antigüidade, pero con moita maior forza dende o século XVIII, a planifica-
ción da cultura deu en
ser un factor fundamental na creación, recuperación ou mante-
mento
das entidades colectivas. Nestes procesos, o rol
dos «axentes libres», de xente
na
maioría dos casos sen relación directa co poder, foi sendo cada vez más decisivo.
|
Estas
entidades das que se trata aquí, é dicir unidades
como «pobo», «nación», non
son obxectos «naturais»
-- e niso todo o mundo parece estar de acordo --, senón que se
configuran mediante a acción de individuos ou de pequenos grupos que toman iniciati-
vas e acertan
na mobilización dos
medios necesarios para tales fins. O elemento clave
entre estes medios é un repertorio cultural que fai que o grupo que se esforza
en intro-
ducir os cambios proporcione, non só modelos efectivos, senón a xustificación da exis-
tencia (separada e distinta) da entidade.
|
3.1.1. A creación
|
A «creación» das
unidades manifestouse no plano sociopolítico de dúas maneiras
diferentes:
|
IV / 52 482
|
Itamar
Even-Zohar -- Planificación cultural e resistencia...
|
a) Créanse
novas unidades que antes non existían coma tales. Exemplos:
Alemaña
(mediante unificación doutras unidades, 1870),
Italia (o mesmo, 1860), Noruega (por
secesión, 1905), Iugoslavia (igualmente, 1918),
Israel (por partición, 1948), Galicia e
Cataluña en España (por procesos de autonomía).
|
Cada un destes casos tivo unha historia diversa, pero o que todos eles teñen en
común é un traballo cultural máis
ou menos intensivo de planificación que, non só pre-
cedeu e acompañou a súa creación, senón que foi o que total ou
parcialmente-- cando
non fundamentalmente-- os fixo posibles en primeiro lugar.
|
b) Unidades xa existentes cobran máis
cohesión. Por exemplo, Francia e Suecia
(durante os séculos XIX e XX).
|
É certo que os casos máis
evidentes son os de estados ou nacións
novas, pero non
hai por que restrinxir o
concepto do que falamos só
a estes casos. Esta creación pódese
referir a calquera iniciativa que se tome para
establecer unha formación social en cal-
quera escala. Tales procesos son universais, aínda que nuns períodos poden
ser máis
vigorosos ou máis amplos ca noutros.
Así por exemplo, nos séculos
XIX e XX, con máis
decisión ca en séculos
anteriores, optouse pola
creación de entidades amplas.
|
3.1.2. Recuperación e nantemento.
Cando falo de «recuperar» refírome a todas aque-
las situacións políticas, sociais
e culturais que dalgunha maneira foron transformadas, e,
mediante esforzos deliberados, se re-crearon ou se re-construíron. Estes casos poden
incluír entidades que perderon
a súa existencia separada («independente»),
coma Polonia
entes de 1914, ou que se adaptaron a un repertorio esóxeno que alterou a súa cultura pri-
mitiva (como foi o caso
de Finlandia ata finais da século
XIX). En todos estes casos,
para refacer a entidade, foron
investidos esforzos na
producción ou na recuperación
dun
repertorio necesario para aumentar o nivel da sentimento
de pertenza e afinidade
da
poboación coa entidade recuperada.
|
Entre os
ingredientes imprescindibles de calquera destes novas repertorios, existe nor-
malmente un subconxunto
que permite delimitar a existencia distinta da grupo. Este sub-
conxunto marcado percibese
como o creador dunha identidade
tanto colectiva como indi-
vidual. Producindo, recuperando ou
mantendo ámbalas dúas, este sub-repertorio
resulta
ser o medio básico para producir e preservar a entidade.
|
4. O
TRABALLO CULTURAL COMO FONTE DE ENERXÍA
|
Penso que alí ande se produciu unha actividade de planificación cultural, indepen-
dentemente dos resultados, a entidade
en cuestión --ou o conxunto
de xente que a
forma-- logrou acadar un
mellar acceso ós recursos, o que significa que mellorou o seu
estándar de vida.
|
Ademais, dende o punto de vista do mantemento de calquera entidade humana colec-
tiva, o traballo
necesario para a producción de repertorios é en si mesmo
unha vantaxe,
dado que eventualmente produce un impulso de certas
dimensións, é dicir crea unha
|
IV /53 483
|
Itamar Even-Zohar -- Planificación
cultural e resistencia...
|
enerxía socio-cultural.
Esta enerxía aumenta as posibilidades de que os membros da
entidade poidan acadar o acceso a opcións das
que previamente foran privados ou
afas-
tados.
|
Por suposto que se me poderá dicir que o traballo cultural é
o resultado da enerxía e
non ó revés. Sen dúbida onde hai
unha acción social, a xente
reacciona e mírase nela:
desenvólvense ideas, aparecen textos, de maneira que se vai impulsando a
creación de
novas repertorios. Sen embargo, nos casos que me serviron
para verificar as miñas pro-
postas sobre a planificación da cultura, podemos claramente observar que a
preocupación
pola planificación comezou
nunha etapa na que o
estado de benestar da poboación
era
moi baixo. Isto non significa que todo o mundo estivese
igualmente humillado, ou des-
valido: indica simplemente que a xente non vía
realizadas as súas expectativas no que se
refire á accesibilidade
dos recursos.
|
4.1. Enerxía e riqueza
|
Quixera propoñer o termo «riqueza» para indicar a
relación entre a enerxía sociocul-
tural e accesibilidade
dos recursos, primeiro e sobre todo no nivel
colectivo, pero tamén
no plano individual se vemos as cousas máis en detalle. En xeral, falando en termos eco-
nómicos, a riqueza maniféstase nos parámetros do
PIB. Aínda que este índice non é
totalmente alleo ó concepto de riqueza que agora suxiro, con todo o concepto decisivo
na miña aproximación é o
de acceso ós
recursos nun sentido global. Penso na noción de
Bourdieu de capital cultural que se pode ampliar para aplicalo
a entidades concebidas
globalmente e ós seus
individuos. Non fai falla dicir
que tales capitais globais
poden
eventualmente emerxer en termos de PIB, ou manifestarse na riqueza
material de grupos
ou de individuos. Pero, en todo caso, a cuestión
fundamental é aquí a de liberarse deste
concepto restrictivo de riqueza e adoptar unha
visión menos técnica que teña en canta
elementos como: as posicións que poden ser
adquiridas, a axuda mutua entre os mem-
bros do colectivo, o nivel de actividades de todo
tipo posibles, o sentido da confianza
nun mesmo, o acceso a
determinadas iniciativas, e máis.
|
5. ÉXITO OU
FRACASO DOS REPERTORIOS PROPOSTOS
|
Os repertorios planificados poden triunfar total ou
parcialmente. Non é doado esta-
blecer cando é que os resultados da producción dun repertorio deben ser considerados
como un éxito ou coma un fracaso. Moitas veces, o que semella un
fracaso para a xente
comprometida con estas propostas, resulta ser un
éxito e mírase a súa eficacia a máis
longo prazo. Unha das razóns deste malentendido,
consiste en que, para os seus promo-
tores,
o contido dun repertorio
pode chegar a ser máis
importante que a súa función para
acadar a meta final.
|
5.1. Se
considera, por exemplo; que reintroducir unha lingua constitúe
unha condición
sine qua non para a creación ou a re-creación dunha entidade, pode logo pasar que, no
caso de que esa lingua non prevaleza
na entidade acadada con éxito, isto mesmo sexa
|
IV / 54 484
|
Itamar
Even-Zohar -- Planificación cultural e resistencia...
|
decepcionante para aqueles que asociaron a
súa visión da mundo, e mesmo
a súa iden-
tidade, á lingua. O feito
de que as súas iniciativas tivesen
creado unha enerxía real
non
lles serve de consolo ningún.
|
5.2. A razón
de tales resultados --quizais patéticos-- oculta a natureza profunda da
empresa cultural. O éxito dunha empresa cultural
pódese acadar rapidamente
unha vez
que os promotores da cultura e os posuidores do
poder comezan a colaborar. Sen embar-
go, cando ós productores
da repertorio non lles queda máis
remedio ca crear unha
base
de poder e ter a constancia suficiente no seu traballo ata facelo atractivo para os pode-
res públicos, entón o prazo
de tempo entre estas iniciativas e os seus
resultados pode ser
longo, máis de un século ás veces. En tales casos, o repertorio alternativo
preconizado,
deseñado nunhas condicións iniciais e adaptado nese momento a elas, pode despois, no
momento da súa posta en práctica, resultar xa cruelmente anticuado.
|
6.
RESISTENCIA Ó REPERTORIO PLANIFICADO
|
Un éxito parcial, ou o fracaso, quere dicir que algúns --ou os máis importantes-- dos
contidos da repertorio non poden ser aceptados e postos en práctica polo grupo concer-
nido. Entre os factores cruciais que determinan o
índice de éxito ou de fracaso no grupo
considerado, quixera precisar o aspecto da
resistencia cultural, pasiva e activa. Calquera
clase de resistencia é unha forma de indiferencia
de cara ó repertorio proposto ou
incul-
cado. Non me estou a referir agora ó que Pujol
(1979: 35) chama «[la]
non-participation
ouvrière aux institutions socio-culturelles»,
ande «institución» ten un sentido restrictivo,
p.e. o «as artes». Estoume
referindo a un repertorio moito
máis amplo, aquel que
cobre
unha extensa gama de ferramentas
de organización, dende os hábitos diarios ata a imaxe
de un mesmo.
|
6.1. Coa resistencia
pasiva, non é que a xente se conxure en secreto contra as novas
opcións. Simplemente non lles
fan caso. Se xa non poden evitar as opcións propostas
para o dominio público ou mesmo
xa están dentro delas,
polo menos tratan de evitar que
tales propostas entren na
casa. Por exemplo, a xente
pode aprender a falar unha
lingua-
xe en público, pero non necesariamente facer o mesmo
no ámbito familiar. (É o caso de
Italia que case necesitou un século
para que o italiano se converterse nunha lingua de uso
doméstico. [De Mauro 1984: xvii]).
|
6.2. Coa resistencia
activa dáse un paso máis
aló da simple indiferencia. Pódese entrar
nunha loita máis ou menos aberta e directa
contra o repertorio planificado. Isto pode aco-
rrer en calquera das
etapas dos esforzos activos para executar un repertorio previsto, e
dicir cando o repertorio se está implantando ou ben cando xa está parece estar comple-
tamente implantado.
|
IV / 55 485
|
Itamar
Even-Zohar -- Planificación cultural e resistencia...
|
7. O
PROBLEMA DA RESISTENCIA
|
A resistencia parece non necesitar ningunha
explicación cando o repertorio é impos-
to á forza, mediante a
acción política, contra a cultura explícita da poboación.
Ó longo da
historia a xente opúxose
á conversión, ás reformas que tiñan que ver coas crenzas e cos
hábitos establecidos. Baixo réximes totalitarios, moitas veces o pobo mantivo a súa cul-
tura ó abrigo das miradas públicas, pero logo volveuna practicar tan pronto como foi
fac-
tible. Nestes casos
todos, a resistencia cultural pode ser unicamente unha forma de resis-
tencia política
aberta.
|
Sen embargo,
pode resultar incomprensible a resistencia cultural en todos aqueles
casos nos que a planificación da cultura se puxo ó
servicio dunha causa aparentemente
común, ou alomenos, esta
planificación parecía coincidir cos intereses da grupo conside-
rado.
|
Nestes casos, a imaxe que de si mesma
ten a entidade en cuestión, e a historia ofi-
cial subseguinte escrita
polos propulsores do esforzo ignoran esta eventual
resistencia. Os
parámetros dunha resistencia cultural deste tipo non deben ser moi
complicados, pero
polo que sei, non foron
discutidos suficientemente, e dende logo que non no cadro
da
planificación da cultura.
|
7.1.
Resistencia e acceso ó recursos
|
Sabendo a dureza desta hipótese,
quixera afirmar que, en todos estes
casos de resis-
tencia cultural, sería necesario entender cales son
os termos e as condicións de acceso ós
recursos que teñen lugar na
sociedade en cuestión.
|
Por exemplo a clase obreira en
Francia non só se nega a
participar nas «institucións
socioculturais» da burguesía, como o teatro ou a literatura; tamén se nega a comer, a
falar, a beber, a casar, pasear ou
lavarse coma a burguesía, segundo o demostrado tan
brillantemente por un grupo de investigadores, en particular, e moi acertadamente por
suposto, por Bourdieu [La distinction, 1979]). Isto parece acontecer en parte porque,
segundo o dito por Pujol (1979) e Swidler (1986),
adquirir un novo repertorio resulta
doloroso e aventurado. É dicir, que non é fácil
aprender, especialmente cando uns se
sitúan dende o principio en desigualdade con outros que poden xa estar máis familiari-
zados co novo repertorio. Isto
tamén deixa claro que, a xente sabe que, cando trata de
aprender un novo repertorio, non o vai dominar coa mesma facilidade
ca outros e polo
tanto vai ter pouco que gañar con el.
|
7.2. Os casos
de planificación da cultura asociados a entidades non establecidas parecen
ser diferentes. En casos como os de Italia, Alemaña,
Galicia, Noruega ou Israel (por
nomear uns poucos), a xustificación para propoñer novos repertorios,
segundo o propa-
gado polos seus defensores, era a de mellorar a vida da colectivo indicado. En teoría,
ninguén no grupo en cuestión tiña unha posición máis favorable en
relación co novo
repertorio, e polo tanto a súa adquisición debía
estar aberta a todos en termos iguais.
O
escepticismo e o sentido da discriminación implicados xeralmente
na adopción dun reper-
|
IV / 56 486
|
Itamar
Even-Zohar -- Planificación cultural e resistencia...
|
torio dun grupo dominante (o mesmo
que no caso da clase obreira francesa) non estaban
presentes nestes casos.
|
Vendo a
situación actual na maioría
dos casos mencionados arriba, esta suposición
parece ser un erro. É certo
que nun espacio curto de tempo, todo o mundo pode
adherir
ó novo repertorio, conseguir unha posición mellor para mellorar tamén a vida, sempre
que a nova entidade logre ser establecida e mantida. Pero sen embrago, a distribución da
novo repertorio triunfante non é, e non pode ser uniforme entre a poboación. Se, como
resultado da triunfo da repertorio, diminúe o esforzo para poñelo en práctica
(por pensar
que xa foi completamente
aceptado), todos aqueles membros
da entidade que realmente
nunca se adheriron á empresa, comezan
a sentirse incapaces de aprender o novo reper-
torio, ou comezan a
identificar o repertorio coa discriminación e poden
entón desenvol-
ver unha resistencia cada vez maior.
A situación resultante pódese resumir dicindo que é
unha situación na que,
por carencia de capacidade para aprender ou para competir, o pla-
nificado, o novo repertorio non conduce a un acceso
cumprido ós recursos.
|
7.3. A resistencia en Galicia. A adopción da
lingua galega, recuperada para o uso públi-
co na Galicia autónoma contemporánea, parece ser
percibida como desfavorable. Hoxe
parece que só aqueles membros da entidade que adquiriron unha habilidade satisfactoria
en castelán son propensos a adoptar e propugnar a lingua galega. Tal e como están as
causas, parece que a maioría dos galegos que están no proceso de urbanización non ani-
man os seus fillos a que utilicen a lingua
galega. Máis ben, ó
contrario, dominando o
castelán
é como o acceso ós recursos parece ser máis prometedor, e isto mesmo no
marco da nova entidade galega autónoma. Se esta ohservación é correcta (necesitaríase
unha investigación máis
profunda para podela soster),
entón, a lingua galega
que foi un
elemento crucial no novo repertorio, que foi a bandeira da empeño galego, pode
desapa-
recer en poucas décadas
para ser substituída pola
lingua que ata un certo
punto era iden-
tificada coa fonte de tódolos males.
|
7.4. A resistencia en Israel. En Israel, un
repertorio absoluta e radicalmente inventado
tratou de establecerse ata 1948 (cf. Even-Zohar, 1990). As masas de emigrantes que che-
gaban, sen embargo, necesitaron uns
corenta anos para romper a súa
resistencia a este
repertorio nunha loita cultural aberta
e con notables repercusións políticas.
|
Neste caso, a lingua hebrea, parte esencial do novo
repertorio, que empezara a trans-
formarse en lingua falada
a fins do século XIX na Palestina otomana, tivo un
éxito enor-
me. Ó contrario da que sucedía en Galicia, non había neste
caso outra lingua capaz
de
substituila. Sen embargo, moitos
outros ingredientes da novo repertorio empezaron a
ser
cuestionados. Sexa no nivel chamado «alto» (p.e., no caso da «identidade» ou da «imaxe
de un mesmo»), sexa no
nivel «baixo» (p.e. os
alimentos, a bebida, hábitos de mobili-
dades), alí onde haxa quen defenda
un repertorio, haberá outro
sector que defenda un
repertorio oposto, con pouca
capacidade de compromiso. Se esta observación é
correcta,
entón ou ben un estado de multiculturalismo é aceptado
eventualmente ou ben unha Kul-
turkampf
amarga poñerá en perigo a
entidade enteira.
|
IV / 57 487
|
Itamar
Even-Zohar -- Planificación cultural e resistencia...
|
8.
RECAPITULACIÓN
|
Non intento demostrar que os
problemas do acceso ós recursos e á mobilidade sexan
unha panacea para entender a resistencia cultural,
e nun nivel máis xeral, para entender
as posibilidades de éxito de calquera iniciativa de
planificación cultural. Parece, sen
embargo, que, no contexto da planificación da cultura e da creación de
entidades sociais,
a análise concreta da resistencia, ofrece mellores explicacións de como
funciona este pro-
cedemento cultural que a mera discusión dos
conceptos implicados na propagación do
repertorio, ou da natureza
dos ingredientes en xogo, ou
que unha consideración abstrac-
ta das posibilidades de éxito dos modelos de
organización colectiva en casos como os de
comunidades pequenas ou nacións.
|
BIBLIOGRAFíA
|
Barth, Fredrik. «Ethnicity and the Concept of Culture». Conference Proceedings
«Rethinking Culture». Formerly on: [*]http://hdc-www.harvard.edu/cfia/pnscs/s95barth.html.
|
Bartoli, Paolo. 1981. Il
condizionamento sociale. Firenze: La Nuova Italia.
|
Ben-Simon, Daniel. 1997. A New Israel.
Tel Aviv: Nir
& Modan (en hebreo).
|
Bollati, Giulio. 1984 <1983>. L'Italiano:
il carattere nazionale come storia e come
invenzione. Nuovo politecnico.
136. Torino: Einaudi.
|
Bourdieu, Pierre. 1971. «Le marché des biens symboliques». L'année Sociologique,
22: 49-126.
|
Bourdieu, Pierre. 1979. La
distinction: critique sociale du jugement. Paris:
Éditions
de Minuit.
|
Bouwhuijsen, Harry van den, Claes, Tom, & Derde, Willem. 1995.
«Recovering
"Culture"». Cultural Dynamics
7 (2): 163-186.
|
De Mauro, Tullio. 1984. Storia
linguistica dell'Italia unita. 1963. Roma-Bari: Later-
za.
|
De Mauro, Tullio. 1987. «La nozione di "cultura"». In L'Italia delle Italie, 3-17
Roma: Riuniti.
|
Dodd, Philip. 1986.
«Englishness and the National Culture». In Englishness:
Politics
and Culture 1880-1920,
Eds. Robert Colls and Philip Dodd, 1-28. London: Croom Helm.
|
Even-Zohar, Itamar. 1990.
«The Emergence of a Native Hebrew Culture in Palesti-
ne, 1882-1948». Poetics Today 11 (1): 175-191.
Tamén dispoñible en
versión portuguesa: [*]http://www.tau.ac.il/-itamarez/ps
esp/culempal.htm
|
Even-Zohar, Itamar. 1996.
«The Role of Literature in the Making of the Nations of
Europe: A Socio-Semiotic Study». Applied Semiotics/Sémiotique
Appliquée 1, March
1996: 20-30.
|
IV / 58 488
|
Itamar Even-Zohar -- Planificación cultural e resistencia...
|
Tamén dispoñible
en
[*]http://www.tau.ac.il/-itamarez/papers/plan_res.htm
|
Even-Zohar, Itamar.
«Culture Planning and the Market: Making and Maintaining
Socio-semiotic Entities». In Papers in
Polysystems of Culture (de próxima aparición).
Xa dispoñible en
[*]http://www.tau.ac.il/-itamarez/papers/plan_clt.htm
|
Even-Zohar, Itamar.
«Culture Repertoire and the Wealth of Collective Entities: Para-
meters for Contrastive Culture Analysis».
Xa dispoñible
en
[*]http://www.tau.ac.il/-itamarez/papers/rep&wea2.html.htm
|
Frykman, Jonas,
e Orvar Löfgren. 1987. Culture Builders: A Historical Anthropology
of Middle-class Life. Trad. Alan Crozier. Prólogo de John Gillis. New Brunswick,
N.J.:
Rutgers University Press.
|
Gershoni, Israel e James P. Jankowski. 1986. Egypt, Islam, and the Arabs: The
Search for Egyptian Nationhood, 1900-1930.
Studies in Middle Eastern History; Bernard
Lewis, Itamar Rabinowich, and Roger Savory, General
eds. New York & Oxford:
Oxford
University Press.
|
Hamon, Hervé,
e Patrick Rotman. 1981. Les intellocrates: expédition en haute inte-
lligentsia.
Paris: Ramsay.
|
Pujol, Geneviève. 1979. «La résistance a
l'inculcation; résistans ou handicapés?» In
Pujol, Geneviève & Labourie,
Raymond, eds. Les
cultures populaires. Paris: Privat,
1979, 31-39.
|
Schama, Simon. 1987. The Embarrassment of Riches: An Interpretation of
Dutch
Culture in the Golden Age.
New York:
Alfred A. Knopf.
|
Shavit, Yaacov.
1987. The New Hebrew Nation: A Study in
Israeli Heresy and Fan-
tasy.
London: Frank
Cass.
|
IV /59 489
|